O derradeiro número de Barrios de 2023 xa está na rúa.
Remata o ano e con el a provincia engalánase coas luces e os adornos navideños. Continuando a temática do número anterior, sacamos un especial sobre o Nadal e a programación navideña que se fai en diversos concellos da provincia ourensá.
Ourense, Xinzo, Allariz, Barbadás, Verín, Celanova e mesmo o Centro Comercial Ponte Vella organizan eventos para todas as idades nos que a diversión está asegurada.
Pero non todo é o Nadal e outras novas sucederon durante estas datas, como as Xornadas de Novela Negra que se presentaron en Verín e que teñen moi boa pinta con invitados de gran interese (celebraranse a finais de xaneiro). A planta de Sogama (na que a Xunta investiu 6 millóns) dará servizo a 22 concellos.
A Deputación presentou o programa do próximo semestre do Teatro Principal; o «Nadal en familia», que se celebra no Principal nestas datas; e o EsquiOU, no que participarán 840 rapaces de toda a provincia.
En Barbadás, O Regato dos Muíños contará cunha charca para anfibios para atenuar o efecto illa de calor urbana. Un obradoiro de emprego reformará o parque da antiga escola de Bentraces e o lavadoiro público. Ademais, o pleno aprobou adherirse a unha campaña de reciclaxe.
Na cidade de Ourense, a rúa Celso Emilio Ferreiro abriu ao tráfico despois de meses de obras. Unha senda unirá Ourense de norte a sur. Tamén se celebraron o 3º Concurso de Decoración de Escaparates de Nadal, e o 39º Concurso da Constitución Española.
Artigos, ocio, provincia, clasificados e moito máis no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha