Xa está na rúa o novo número de Barrios.
Nesta ocasión traemos a portada a Alfonso Rueda, o que será o presidente da Xunta de Galicia na XII Lexislatura, trala maioría absoluta do PP nas pasadas eleccións autonómicas do 18F; ademais, a formación Democracia Ourensán irrumpe no Parlamento de Galicia cun deputado que levará o nome de Armando Ojea.
Ademais, facémonos eco da nova liña de autobús urbano de Ourense, que a partir do 1 de abril dará máis servizo ao barrio do Couto e ao Pavillóns de Deportes e novos xulgados. O Concello de Verín remunicipalizará co Servizo da auga; e entrevistamos a José M. Díaz Barreiros, director da Gestoría Marcelino Díaz.
A Ínsua dos Poetas celebrou o “Día da Árbore, a Auga e a Poesía”, e en Barbadás plantáronse unha trintena de árbores. As procesións marcarán o paso da Semana Santa en Ourense; sete, en diversos lugares do concello, serán as que se celebren.
A “Tarxeta 8M” dá 1.134 euros a mulleres menores de 30 anos que emprendan no rural; a Deputación de Ourense lanza o programa “EmprendOU en feminino-8M”. A Confederación Hidrográfica Miño Sil remata obras en Bande e Entrimo; a CHMS firmou un convenio para a mellora do saneamento.
Satisfacción entre os stands da Feira do Lázaro de Verín cun gran éxito da primeira edición do “Pincho Lázaro”. O contedor marrón separará os residuos dun xeito máis eficiente, apostando no rural pola autoxestión da materia orgánica. O FIC Vía XIV de Verín, que se celebrará entre o 29 de agosto e o 8 de setembro, chegará “cargada de novidades que se irán anunciando paseniñamente”, tal e como salienta o seu director, Carlos Montero.
Dúas exposicións non te podes perder en Ourense: «Ourense no tempo» ata o 11 de maio na Sala Afundación (praza Maior) e 40 anos de estilo Verino ata o 25 de abril na Sala Valente (rúa do Paseo). Ademais, traemos a axenda para o mes de maio do Teatro Principal e do Auditorio Municipal.
Medra a veciñanza en Barbadás e xa son 11.171 habitantes. Contrúese unha pista multideporte ao aire libre para o paseo dos Amieiros. O concello acomete diversas obras de mellora e humanización en diversos puntos. O parque da antiga escola de Bentraces mellorará a súa imaxe grazas ao Obradoiro de Emprego Concellos Rurais, no que participan alumnos e alumas dos concellos de Barbadás, Toén, Castrelo de Miño e Taboadela e que facilitará a súa inserción laboral.
Deportes, opinión, ocio, clasificados e moito máis no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha