O parque dos Patos, epicentro da cultura en Barbadás

A programación estenderase do 26 de xuño ao 29 de agosto.

O Concello de Barbadás organiza unha decena de espectáculos de maxia, música, circo ou teatro, entre outras propostas nas que non só o público infantil será o protagonista, xa que para a súa organización pensouse en todos os sectores da poboación.

Programación cultural
A programación estenderase do 26 de xuño ao 29 de agosto e os actos comezarán as 21.00 horas.

Xuño
– Mércores 26 de xuño. Concerto da Banda Infantil de Música de Barbadás.
– Xoves 27 de xuño. Concerto da Banda de Música Cultural de Barbadás.
– Venres 28 de xuño. Concerto do Grupo Guezos polo Día da Diversidade LGTBI.

Xullo
– Xoves 4 de xullo. Compañía de circo Amontonados por Azar. Espectáculo “H2Olga”.
– Xoves 11 de xullo. Acústico de Carolina Rubirosa. Música de autora e versións escollidas moi persoais.
– Xoves 18 de xullo. Culturactiva. Espectáculo “Máis sabor”.

Agosto
– Xoves 1 de agosto. Compañía de Circo Marta Iglesias. Espectáculo “Hoxe si”.
– Xoves 8 de agosto. Compañía Teatral Pedras de Cartón. Espectáculo “Quixote”.
– Xoves 22 de agosto. Maxia con Joshua Kennet. “Degustación de imposibles na rúa”.
– Xoves 29 de agosto. Concerto de Gin Toni´s.