Xa está na rúa o novo número de Barrios.
Nesta ocasión a portada trae a Luis Menor, presidente da Deputación de Ourense, proclamado presidente do Partido Popular de Ourense cunha porcentaxe que superou o 90% dos votos. O Concello de Xinzo de Limia presentou «Limiarte» o programa de actividades cocio culturais para este verán. E na cidade de Ourense, esfúmouse a moción de censura prevista para desbancar ao alcalde, Gonzalo Jácome. Ademais, se deron os primeiros pasos para o futuro Parque Canedo.
O pleno de xullo de Ourense estivo marcado polos reproches entre a oposición ao non chegar a un acordo para sacar adiante a moción de censura; no mesmo pleno conseguiuse levantar o reparo das luces de Nadal.
Jácome reclama unha reunión co presidente da Xunta, Alfonso Rueda. Pasou a información pública a rolda sur co período de alegacións aberto ata o 7 de agosto.
Ponte Vella Centro Comercial organiza obradoiros para este mes de xullo onde continúan as rebaixas.
O transporte metropolitano tivo a súa primeira reunión e o 1 de setembro os concellos implicados aportarán un documento coas súas necesidades.
En marcha as obras de mellora do IES Celso Emilio Ferreiro de Celanova. Este 24 de xullo, acutación de Luz Casal no Rock Entre Pedra e Poesía, nun xullo cheo de actividades.
Anunciáronse melloras na N-525 ao seu paso por Xinzo, onde se repartirán 400 trampas contra as velutinas. A capital da Limia está inmersa nas Festas da Santa Mariña. Xunta e Deputación asumirán os custes dos regantes no proxecto de regadío.
Antonio Turiel, investigador científico no Instituto de Ciencias do Mar do CSIC; e Antonio Aretxabala, xeólogo, Doutor en Ciencias da Terra e investigador deron unha charla no CNT de Allariz onde nos atenderon para unha entrevista. Diversas actividades organiza o Concello de Allariz para este verán como o Festival Abanea deste 21 de xullo ou o Arte de Man do 8 de setembro.
Ocio, opinión, clasificados e moito máis no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha