Consulta o novo número de Barrios que xa está na rúa.
A portada trae a un Luis Menor proclamado presidente do PP de Ourense. O futuro Parque Canedo da o seu primeiro paso para a súa construción. A DO Monterrei ultima os preparativos para a Feira do Viño que terá lugar en agosto do 9 ao 11.
Repetimos a entrevista a Antonio Turiel e Antonio Aretxabala que nos falaron de decrecemento.
Ponte Vella Centro Comercial organiza un extenso programa de actividades para os máis pequenos cos «Transformers» como protagonistas.
A circunvalación sur pasa a información pública; o treito, que conectará coa A-52, ten un investimento de 9,8 millóns de euros.
En Verín, A feira “O Mellor da Terra” será do 19 ao 21 de xullo no aparcadoiro da Preguiza e traerá produtos naturais, ecolóxicos e de proximidade. Aprobado o Plan Especial da Preguiza. Saiu adiante o recoñecemento extraxudicial de créditos por importe de 1,1 millóns. O FIC Vía XIV volve co seu concurso de pintura; tamén chama aos establecementos da vila a engalanar os seus escaparates.
«Nós, a xente do redor» presenta portada do próximo númer que sae á rúa o 28 de xullo. Do 24 ao 28 celébranse as festas do barrio da Ponte.
A corporación municipal de Barbadás votou unanimemente para que se constrúa un instituto no concello. Rozas en camiños públicos para previr incendios nun total de 9,5 hectáreas.
A Subdelegación do Goberno foi o lugar da reunión de coordinación para o control da uva foránea. Luis Menor «saca peito» do seu primeiro ano na Deputación e valora ter chegado a acordos antes «impensables».
Todo isto e moito máis no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha