Xa está na rúa o novo número de Barrios.
A portada deste número trae a presentación do Festival de Cine de Ourense (Ourense Film Festival -OUFF-) que se desenvolverá do 27 de setembro ao 7 de outubro. A DO Monterrei agarda recoller máis de sete millóns de quilos de uva esta campaña. A Xunta presenta o plan de investimento para a atención aos maiores. Verín abrirá o Punto de Encontro Familiar en 2025.
O Festival Internacional de Curtas de Verín acadou cifra récord de público ao contar con ao redor de 3.000 espectadores. Unha nova base aérea transfronteiriza entre Verín e Oímbra para loitar contra os lumes. Verín impulsa, por segundo ano consecutivo, un novo curso de Internet e telefonía móbil para maiores. Termatalia reúne a 25 países en Expourense os días 26 e 27 de setembro.
O Concello de Ourense colabora coa Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría; realizará un estudo de lonxevidade e organizará o seu congreso de 2025 na cidade de Ourense. Retómase o programa Nexos que comeza en outubro e estenderase ata xuño.
Adxudicadas as obras do paseo do parque da Liberdade (A Valenzá). No concurso “Barbadás a bocados” que chegaba a súa sétima edición consumíronse preto de 9.000 pinchos nos 14 locais de hostalaría participantes. O parque de Vilaescusa conta cunha lagoa de anfibios.
Máis conexións do Barco con Ourense e Trives; increméntase con dúas novas expedicións de viaxes en autobús. A Deputación inicia a campaña «Ourense sobre rODaS!». Actualízase o mapa cartográfico da provincia; foi realizado polo Instituto Xeográfico Nacional despois de 10 anos.
En deportes, a UD Ourense e UD Barbadás vencen esta xornada e na Primeira RFEF o Ourense CF non arranca; O Verín empata en Autonómica.
Ocio, artigos, axenda e moito máis no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha