Barrio 216

Xa está na rúa o novo número de Barrios.

Nesta ocasión a portada trae a presentación da Carreira Popular do San Martiño que este ano chega a súa 47ª edición. O OUFF baixou o pano da 29ª edición pensando xa na do ano que vén. Este mes o centro comercial Ponte Vella celebra o seu 23º aniversario. O Sergas comeza a campaña de vacinación da gripe, covid e virus respiratorio sincital.

Cambeo da Raia contará con 64 vivendas de protección oficial, polo que a Xunta de Galicia recibiu 14 ofertas.
O Concello de Ourense xunto aos limítrofes e a Deputación de Ourense abordaron o transporte metropolitano cunha segunda reunión.

O Verín a Festa da Cervexa congregou a 5.000 persoas en dous días. Os maiores do Val do Támega aprenden, mediante un curso, a manexarse nos seus dispositivos móbiles e en Internet.

Melloras en varios puntos do Concello de Barbadás. O concello súmase á celebración do Día Mundial da Reanimación Cardiopulmonar (RCP) con obradoiros e clases prácticas. O alcalde considera de «aldraxe» que a Xunta anuncie un instituto no Pereiro e non en Barbadás.

CanedoRock celebra o seu 21º aniversario con moita música os días 25 e 26 de outubro. Manolo «El Chileno» expón «50 anos en Ourense» na Sala Valente.

Deportes, artigos, clasificados e moito máis no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha