O Auditorio de Ourense acollerao os días 8 e 9 de novembro.
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e a concelleira de Asuntos Sociais, Tamara Silva, participaron no acto de presentación, na Praza Maior, do III Congreso Galego de persoas con Cancro e familiares que se levará a cabo os días 8 e 9 de novembro en Ourense. O evento está organizado pola Asociación Española Contra o Cancro en Galicia e ten como obxectivo ser un espacio de aprendizaxe e apoio aos pacientes e ás súas familias, abordando temas esenciais como os coidados, o autocoidado e a investigación en cancro. O Concello colabora neste congreso, cedendo as instalacións do Auditorio municipal, que será o escenario da actividade.
Na súa intervención, o alcalde quixo salientar a importancia da investigación na loita contra o cancro, e animou a rapazada a desenvolver vocacións científicas, así como a lev unha vida saudable, afastada de substancias adictivas como as drogas, o tabaco ou o alcohol.
O acto estivo protagonizado por nenos e nenas de distintos centros educativos da cidade, que realizaron unha camiñata desde o Parque de San Lázaro até a Praza Maior levando consigo o elemento distintivo dun paraugas verde en simbolismo da temática do congreso: os coidados e o verde da Asociación.