Haberá música, food trucks e obradoiros infantís.
Trala resaca do Halloween chega a Ourense a festa máis tradicional: o magosto.
O Concello de Ourense ten programado o magosto tradicional a partir das seis da tarde (Bispo Cesáreo), pero con actividades durante todo o día do luns, 11 de novembro.
A Concellería de Artes e Festexos ten todo preparado para que ese día que comezará coa ruada de gaiteiros con xigantes e cabezudos a mediodía. Na praza Maior impartiranse obradoiros infantís (17.15h) no que se aprenderá a confeccionar o cornete de Magosto e Pintado de caras.
Será a partir das 18 horas cando dé comezo o Magosto tradicional co reparto de castañas gratuítas (praza Maior e Bispo Cesáreo) e a venda de chourizo recén asado con bolo de masa nai, auga ou viño por 3 euros (Bispo Cesáreo). Tamén estarán instalados o food truck de Burguer Bágoa Gastrobar e un tráiler de Coren e outro de Crepes.
Música
Tampouco faltará á cita a música con dous concertos. “Brañas Folk” xunto con Lucía Pérez e Pancho Álvarez, na praza Maior de 18.00 a 19.30 horas e baile coa orquestra “Olympus” na rúa Progreso de 19.00 a 22.00 horas.