Barrios 219

Xa está na rúa o novo número de Barrios.

Na portada traemos a carreira do San Martiño que como cada ano congrega a milleiros de atletas polas rúas de Ourense. Ademais entrevistamos a Avelino Jácome que vén de publicar o seu cuarto libro «La novela sin nombre. Laberinto del destino». Este sábado, 23 de novembro, no Teatro Principal, Borja Quintela presenta o seu disco «Todo y nada». Xinzo está inmerso na segunda edición do concurso de Patapas, iniciativa da hostalaría limiá que ofrecerán pinchos, coa pataca como protagonista, de xoves a domingo ata o 8 de decembro. E facémonos eco dos actos polo 25N «Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres».

Esta fin de semana celébrase en Expourense o 15º Salón do Automóbil que nesta ocasión ten aos de ocasión como protagonista. Protección Civil de Ourense inicia a campaña de Nadal na que recollen alimentos e xoguetes para os máis necesitados.

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, reuniuse co alcalde de Xinzo, Amador Díaz, para falar sobre temas que afectan ao concello como as obras de modernización dos regadíos da Comunidade de Regantes Nova Limia. Éxito na primeira edición do Samhaín dos Límicos.

O Gran Mercado do Nadal reunirá máis de 60 expositores; celebrarase no Claustro Barroco do 6 ao 8 de decembro. Comercio e patrimonio únense nunha audioguía, que ten en Celanova a primeira da provincia. O Comité de Memoria Histórica e Concellería de Igualdade sinalarán o edificio dos actuais xulgados de Celanova como Lugar de Memoria coa colocación dunha placa que lembra que foi espazo utilizado como cárcere de mulleres entre agosto de 1936 e 1938 nun acto que se desenvolverá este sábado, 23 de novembro.

Allariz transfórmase nun videoxogo; a segunda aventura de Tristán Téllez arranca o 14 de decembro. O proxecto “O xardín do revés”, presentado polo equipo madrileño “Esto no es un grupo de arquitectura”, foi o gañador do mellor xardín do FIXA 2024, obtendo o 49,45%.

Deportes, ocio, artigos, clasificados e moito máis, no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha