A campaña será do 28 de novembro ao 1 de decembro incluído.
A Asociación de Empresarios de Verín (AEVER) pon en marcha a campaña «Aquí en Verín, ao lado da túa casa tamén temos o Black Friday«.
O calendario de realización irá dende o 28 de novembro ao 1 de decembro incluído. O obxectivo é incrementar o poder de atracción da zona, incentivar as vendas polas datas sinaladas do Black Friday, e a fidelización de clientes.
Sortearanse 4 cheques regalo de 50 euros cada un para mercar no comercio local. Para participar no sorteo os nosos clientes deberán enviar os datos persoais e unha foto do ticket de compra nos comercios asociados a través do formulario que atoparán en https://ccaverin.com/black-friday-2024/ ou entrando a través do código QR.
O día 2 de decembro -luns- procederase o sorteo online a través de Google; o sorteo poñerase nas redes sociais de Aever.
Os gañadores terán ata o 16 de decembro para gastalo. Cada establecemento participante fará grandes descontos, regalos e moitas máis sorpresas.