Xa está na rúa o novo número de Barrios.
Como non podería ser doutro xeito, o tema principal é o Entroido 2025 que se vive en toda a provincia con especial atención para os que se celebran en Xinzo, Verín, Celanova, Barbadás, Ourense e tamén no Centro Comercial Ponte Vella.
Pero hai máis novas e moi destacadas como a reapertura de Fontenova en Verín grazas a unha inxección económica de 8 millóns de euros. En Xinzo de Limia, a Confederación Hidrográfica Miño Sil e o concello fixeron obras de saneamento do río Limia no seu paso polo núcleo urbano. Ademais, a Asociación Cultural Civitas Limicorum, está a organizar actividades tanto culturais como divulgativas para celebrar o seu 25º aniversario.
En Verín, o IES García Barbón conta cunha cabina de pintado grazas a unha achega de 45.000 euros da Xunta. O Festival Internacional de Curtas (FIC Vía XIV) abriu as inscricións a concurso da súa décima edición, que de desenvolverá entre o 28 de agosto e o 6 de setembro; este ano haberá dúas seccións oficiais: A Raia e Nova. O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, salientou no Parlamento de Galicia o bo ritmo das obras que se están a acometer no Castelo de Monterrei, nas que a Xunta está a investir 14 millóns de euros.
Representantes da Xunta e alcaldes dos concellos da comarca da Limia reuníronse para tratar o proxecto de economía circular cara unha gandaría sostible. A Consellería de Medio Rural mantivo sendas reunións co alcalde de Xinzo. Por unha banda, directora xeral de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, reuniuse con diferentes alcaldes da provincia para continuar impulsando o proxecto de limpeza de canais do regadío da Limia. Ademais, conselleira, María José Gómez, reuniuse co rexedor para avaliar a situación e perspectivas de futuro da pataca.
Deportes, opinión, clasificados, e moito máis no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha