Sortearase cinco cheques agasallo de 100 euros.
A Asociación de Empresarios de Verín (Aever) celebra o Día do Pai cun sorteo entre os clientes dos establecementos adheridos á asociación. O obxectivo é incrementar o poder de atracción da zona, incentivar as vendas polas datas sinaladas do día do pai, e a fidelización de clientes.
Cada establecemento terán un corazón recortable onde porá «Quérote Papa», para que os clientes que desexen fagan unha foto.
Para participar no sorteo os clientes deberán rexistrar as súas compras realizadas entre o 10 e o 19 de marzo en ccaverin.com/diadopai-2025 ou a aravés do código QR. Pódese participar as veces que desexen.
Sortéanse 5 cheques regalo de 100 euros cada un para mercar no comercio local. O día 20 procederase o sorteo online e daranse a coñecer aos gañadores nas redes sociais de Aever.
Os gañadores terán ata o 8 de abril para gastalo, cun mínimo de dous establecementos e un máximo de 50 euros.