- Este evento ha pasado.
9º FITO: «Antes de la metralla, forcejeos, humedades y estrategias sobre tácticas teatrales»
15 octubre, 2016 @ 11:00 pm
8€A compañía galega Matarile Teatro presenta «Antes de la metralla, forcejeos, humedades y estrategias sobre tácticas teatrales» dentro da programación do 9º Festival Internacional de Teatro de Ourense. A cita é o sábado 15 de outubro ás 23 horas no Auditorio de Ourense.
Sinopse
«Antes de la metralla» non pretende ser unha representación. É un encontro real entre persoas que por unha banda aportan o seu punto de vista e, pola outra, están dispostas a amosarse máis alá do refuxio da palabra. O obxectivo é expoñer algunhas orientacións e interpretacións da escena contemporánea dende diferentes ángulos, perspectivas ou implicacións.
«Antes de la metralla» idéase como un traballo in situ, cuns días previos de encontro e cunha posta en escena final, pero sen ánimo de que sexa un espectáculo pechado senón máis ben a mostra do resultado dese encontro: un acontecemento para un marco específico. É un proxecto en desenvolvemento, carente de valor comercial.
Os participantes, na súa condición de cómplices, testemuñas, acompañantes e colaboradores, están directa ou indirectamente ligados coa escena. Todos espectadores.
A compañía
Matarile Teatro, fundada en 1986, é unha das formacións galegas máis internacionais e galardoadas. En 1993 crea e xestiona o Teatro Galán de Compostela, espazo dedicado á programación e difusión do teatro e a danza contemporánea en Galicia.
Matarile Teatro detén a súa actividade dende setembro de 2010 a setembro de 2013, data na que reinicia as súas producións coa estrea de Staying Alive, á que lle seguen Teatro Invisible, Hombres Bisagra e El cuello de la Jirafa, todas elas en activo. Neste ano, 2016, a compañía está celebrando o seu 30 aniversario.
Os espectáculos de Matarile Teatro representáronse en cidades doutros países como: Boston, Brasilia, París, Belgrado, Novisad, Porto, Leipzig, Boloña, Dresden, Edimburgo, Bucarest, Rennes e proximamente en Timisoara, en Romanía.
PREMIOS