- Este evento ha pasado.
9º FITO: «Así que pasen cinco años»
14 octubre, 2016 @ 11:00 pm
8€A compañía andaluza Atalaya presenta «Así que pasen cinco años» dentro da programación do 9º Festival Internacional de Teatro de Ourense. Será o venres 14 de outubro, ás 23 horas no Auditorio Municipal.
Sinopse
«Así que pasen cinco años» recolle algúns dos temas da obra de Lorca como o tempo, o amor e a morte; e outros temas entrecruzados, como os soños, a frustración, a súa propia viaxe interior e a esterilidade. Un mozo, ser puro, desligado da contorna real, que só vive e fai vivir a intimidade dos seus soños e desexos. Todos os demais personaxes son símbolos de apetencias, de ideas, de sensacións, de vivencias subconscientes.
A obra é dunha tremenda modernidade. A linguaxe que prima é a onírica, pero tamén subxacen elementos propios do teatro da crueldade, especialmente no terceiro acto.
A compañía
«Así que pasen cinco años» non resulta un texto máis para Atalaya. Trátase da obra que fixo visible á compañía a nivel nacional no ano da súa estrea, en 1986. Grandes personalidades e especialistas en Lorca como Rafael Alberti, Gerardo Diego, Antonio Gala, Lluis Pascual e José Monleón aplaudiron a enorme sorpresa que supoñía esta montaxe pola súa achega e novidade.
En 2016, o CDN propuxo a Atalaya esta coprodución, xusto cando se cumpren 80 anos do asasinato do poeta.
Atalaya conseguiu crear un estilo propio que se basea na enerxía do actor, a lectura contemporánea dos grandes textos universais, a forza expresionista das imaxes e o tratamento poético do espazo, a música e os obxectos. En 2016, cumpre 33 anos nos que se converteu nun dos referentes máis sólidos do teatro español. Recibiu 38 galardóns, destacando o Premio Nacional de Teatro de 2008. Nese ano pon en marcha o Centro Internacional de Investigación Teatral (TNT) que conta co maior teatro privado de Andalucía e un laboratorio-escola permanente.
Atalaya é Premio Nacional de Teatro 2008.