Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

9º FITO: «Astraea»

14 octubre, 2016 @ 7:30 pm - 7:45 pm

A compañía Mulleres Creando presenta «Astraea» dentro da programación do 9º Festival Internacional de Teatro de Ourense. Será o venres 14 de outubro ás 19:30 horas na Sala Azul do Auditorio de Ourense.

Sinopse
Astraea é o escenario infinito no que dúas creadoras se mergullan para perpetuar a fusión de varias expresións artísticas. Unha sorte de area e mar feita buguina.

As intérpretes
Kirenia Celia Martínez, Cuba, é bailarina, actriz e coreógrafa. Fundadora, codirectora e coreógrafa da Compañía Entremans dende 2005, combina as súas creacións artísticas con labores formativas, colaboracións e asistencias coreográficas para outras compañías e artistas de diferentes disciplinas.

Gosia Trebacz realízase como artista nunha dobre faceta: amosando as súas propostas aos demais en exposicións e ensinando as prácticas necesarias para que outros adquiran destrezas no campo da pintura. Creación e didáctica van xuntas. É unha muller do seu tempo que capta a pulsión imparable da arte contemporánea, o discorrer da actualidade e o discurso do presente.

Detalles

Fecha:
14 octubre, 2016
Hora:
7:30 pm - 7:45 pm
Categoría del Evento:
Etiquetas del Evento:
,

Local

Auditorio Municipal de Ourense
Rúa da Canle, nº 2
Ourense, Ourense 32001 España
Teléfono:
988 391 290
Ver la web Local