- Este evento ha pasado.
9º FITO: «Nómadas»
16 octubre, 2016 @ 7:00 pm - 8:00 pm
8€A compañía chilena La llave maestra presenta «Nómadas» dentro da programación do 9º Festival Internacional de Teatro de Ourense. A cita é o domingo 16 de outubro ás 19 horas no Teatro Principal.
Sinopse
«Nómadas» fala sobre a experiencia do ser humano diante dunha situación de cambio de país, desarmar a casa para viaxar e moverse na busca dunha nova vida. Un espectáculo visual, sen palabras, onde o espectador pode viaxar con creatividade a través das imaxes que se van construíndo en caixas que deixan de selo para transformase en animais mitolóxicos, en globos que viaxan a outros países, en portas que atravesar, persecucións sen fin, caixas que non encaixan e soños que se perden no medio delas.
«Nómadas» nace da necesidade de seguir indagando na creación dunha linguaxe multidisciplinar e continuar dando forma a unha proposta escénica propia, que transporta ao espectador cara a un calidoscopio de emocións, onde conviven o enxeño, o humor, a creatividade e a poesía.
«Nómadas» é unha viaxe onírica á imaxinación, unha oda ao acto valente de viaxar, de deixar atrás o vello para internarse no descoñecido. Un baile de emocións, un deleite para os sentidos.
Este espectáculo é unha coprodución entre La Llave Maestra e o Teatro Municipal Gayarre de Pamplona co Fondo Iberescena.
A compañía
La Llave Maestra nace no 2010 en España e creou tres espectáculos: Bestiario, Delirios de Papel e Nómadas. Estas obras representáronse en teatros e festivais de España, Turquía, Holanda, Taiwán, Arxentina, Bosnia, Brasil e Chile con excelente acollida tanto do público como da crítica pola súa calidade, creatividade e aporte ao Teatro visual e de obxectos.
No 2013 a compañía reside en Chile, dende onde difunde os seus traballos ao longo de todo o país e por diferentes lugares de Sudamérica. Nestes seis anos, máis de 20.000 espectadores viron os seus traballos.