- Este evento ha pasado.
A Biblioteca Municipal de Verín organiza o ciclo de actividades “Alfonso Graña, rei da amazonia”
27 marzo, 2017 - 31 marzo, 2017
Entre o 27 e o 31 de marzo, a Biblioteca Municipal do Concello de Verín organiza un ciclo de actividades adicado a Alfonso Graña, emigrante e explorador galego, proclamado «Rei dos Xíbaros», co nome de «Alfonso I da Amazonia».
“Hai vidas que superan os guións de cine”. Tras esta afirmación, Biblioteca Municipal de Verín ofrece os asistentes a este ciclo de actividades a posibilidade de coñecer a vida de aventura deste emigrante galego (Amiudal, Avión, 5 de marzo de 1878), que chegou a converterse en rei da Amazonia, proclamado “Alfonso I da Amazonia” polas tribos Jíbaras, Aguaruna e Huambisa nos ríos Nieva e Santiago do Alto Marañón, e cun territorio superior a metade da Península Ibérica.
As actividades programadas son as seguintes:
– Exposición temática fotográfica. (27 ao 31 marzo na Biblioteca Municipal)
– Conferencia D. Maximino Fernández. (Xoves 30, ás 19.30 horas, na Biblioteca Municipal)
– Visionado do Documental de RTVE adicado a Alfonso Graña . (Venres 31, ás 19:30h, no Salón de Actos)
Dita iniciativa está organizada pola Biblioteca Municipal do Concello de Verín e está enmarca dentro da programación de actividades destinadas ao fomento dá lectura e dinamización dá instalación municipal.
Todos os usuarios poden informarse no teléfono 988 41 36 24, na web da Biblioteca, e no perfil da mesma en Facebook.