- Este evento ha pasado.
Cine: «As 1001 Noites Volume 2, O desolado»
3 octubre, 2016 @ 8:30 pm
2€Dentro da sección Luns de Filmoteca do Cineclube Padre Feijoo e en colaboración co CGAI-Filmoteca de Galicia, o vindeiro luns 3 de outubro proxéctase ás 20:30 e 23 horas, en VOScastelán, «As 1001 Noites Volume 2, O desolado» de Miguel Gomes.
Nun país europeo en crise, Portugal, un director proponse construír ficcións a partir da miserable realidade que lle rodea. Pero incapaz de atopar sentido ao seu traballo, foxe de xeito cobarde, deixando o seu lugar á bela Sherezade. Ela necesitará ánimo e coraxe para non aburrir ao Rei coas tristes historias dese país. Co transcorrer das noites, a inquietude deixa paso á desolación, e a desolación ao encantamento. Por iso Sherezade organiza as historias en tres entregas. Comeza así: «Oh venturoso Rei, fun coñecedora de que nun triste país…». Libre adaptación de ‘As mil e unha noites’ ambientada no Portugal de hoxe, e dividida en tres películas.
Haberá sesións ás 20:30 e 23 horas. As entradas custan 2 e 2,5 euros.