- Este evento ha pasado.
Cine: «Criadas e señoras»
28 marzo, 2016 @ 9:00 pm - 11:00 pm
A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) proxecta o vindeiro luns 28 de marzo, ás 20.00 h, na súa sede de Ourense (avenida de Pontevedra, 9), o terceiro filme do ciclo de cine «Mulleres», «Criadas e señoras», que ofrecerá un total de catro títulos en versión orixinal nos que as verdadeiras protagonistas son elas. A entrada é libre e gratuíta ata encher capacidade.
Gañadora de varios premios, entre eles, un Óscar, un BAFTA e un Globo de Ouro, «Criadas e señoras» é unha película de Tate Taylor que trata sobre o conflito racial no Mississippi dos anos sesenta. Alí, unha moza do sur que regresa da universidade decidida a converterse en escritora alterará a vida da cidade cando se propoña entrevistar as mulleres negras que pasaron a vida ao servizo das grandes familias, sufrindo todas as formas posibles de discriminación racial.