- Este evento ha pasado.
Cine: «Homeland (Iraq Ano Cero). Parte 1ª. Antes da Caída»
21 noviembre, 2016 @ 8:30 pm - 11:10 pm
2€O Cineclube Padre Feiijoo proxecta o vindeiro luns 21 de novembro a primeira parte do filme «Homeland (Iraq Ano Cero)» de Abbas Fadel, en sesión única ás 20:30 horas.
O director iraquí Abbas Fahdel roda a súaa familia durante 17 meses, nun filme dividido en dúas partes (antes e despois do ataque) no que se nos mostra a vida cotiá interrompida polo horror da guerra de Iraq. Esta primeira parte, titulada Antes da Caída, remata co comezo da entrada do exército norteamericano en Bagdad. «Homeland recupera algo que semella cada vez máis arredado dos propósitos da arte cinematográfica: vontade, paciencia e sensibilidade para rexistrar a pasaxe do tempo e da historia.
O formato de «pelicula doméstica» permítelle a Abbas Fahdel lograr un retrato único e absolutamente persoal dunha cidade e dunhas persoas (que son parte da súa familia) devastadas pola guerra, suxeitas ás decisións de intereses políticos que dispoñen o destino das vidas de centos de miles de persoas. Malia todo ser cine político, poucas veces esta decisión estivo tan dolorosamente próxima ao persoal.
O filme é unha chamada de atención e un manual para que os futuros directores de cine aprendan a rexistrar a partir dunha ollada que, de tan propia, remata por se transformar en universal. «Homeland» volve real aquela frase tan chea de connotacións cinéfilas: non vimos nada». (Cecilia Barrionuevo, Catálogo Bafici 2016)