- Este evento ha pasado.
Cine: «Lobos sucios»
6 mayo, 2016 - 8 mayo, 2016
Durante os días 6 e 7 e 8 de maio , o cinema de Verín acolle a proxección da película «Lobos Sucios» no Salón de Actos da Casa da Cultura. Con proxeccións ás 19:15 e 22 horas.
As entradas estarán dispoñibles en taquilla 30 minutos antes do inicio das sesións, e tamén poden reservarse por anticipado na tenda de lambiscadas Bule Bule, na Avenida de Portugal (á beira da Casa da Cultura).
O filme conta a historia de Manuela (Marian Álvarez), unha mineira que sofre o rexeitamento dos demais por ser medio bruxa, decide roubar aos nazis para tratar de curar á súa filla enferma. Nesta aventura, conta coa axuda de Candea (Manuela Vellés), a súa irmá pequena. O que se pretende é mostrar como dúas mineiras galegas puideron cambiar o curso da historia durante a Segunda Guerra Mundial (1939-1945). A película está ambientada nas minas galegas de wolframio que foron explotadas polos nazis durante a guerra e inspírase libremente en feitos, historias e personaxes reais.