- Este evento ha pasado.
Cine: «Lobos sucios»
9 noviembre, 2016 @ 8:30 pm - 10:00 pm
3€A Casa da Cultura do Concello de Verín acollerá o segundo ciclo da programación de Outono de Cinemas de Galicia.
Comezará o mércores día 9, ás 20:30 horas, coa proxección do thriller (enfocado a maiores de 12 anos) “Lobos Sucios”, unha historia de amor e espionaxe inspirada en feitos históricos e personaxes reais: “No medio dunha atmosfera máxica, nunha mina explotada polos Nazis chamada a “cidade dos alemáns”, perdida nas montañas galegas e que tamén se usaba como cárcere, Lobos Sucios, conta unha historia de supervivencia, espionaxe e amor.”
Todas as películas que se exhiben en Cinemas de Galicia teñen un prezo de entrada de 3 euros ao estar patrocinados en parte os custos de proxección pola Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) e polos concellos que, como o de Verín, acollen esta iniciativa da Xunta de Galicia.
Cinemas de Galicia é unha rede de salas públicas para a exhibición cinematográfica impulsada pola Agadic coa finalidade de incrementar tanto o número de pantallas da Comunidade, como as opcións de distribución dos filmes galegos máis recentes.