Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Cine: «Ma’a al-Fidda»

10 mayo, 2016 @ 6:00 pm

Grazas a colaboración da Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga» e Paco Poch Distribución o Cineclube Padre Feijoo programará este martes 10 de maio o filme «Ma’a al-Fidda» (Silvered Water, Syria Self-Portrait) co obxectivo de recadar fondos para a campaña de refuxiados (Siria) que desenvolven as organizacións ACNUR e MSF. A cota de acceso para todos os cineclubes que participan nesta proxección solidaria é de 6 euros.

«Ma’a al-Fidda’ está dirixida por Wiam Bedirxan e Ossama Mohammed (2014). En Siria, os rapaces filman e morren todos os días. Namentras que outros matan e filman, en París, o director sirio Ossama Mohammed só pode filmar ao ceo e editar as imaxes de «You Tube». Da tensión que provoca a distancia do seu país e do encontro cunha nova cineasta kurda, Wiam Bedirxan, coa que parola, xurde a pregunta «Se estiveses en Homs ca túa cámara, que filmarías?». O filme conta a historia dese encontro.

Sesións ás 18, 20:30 e 23 h.

Detalles

Fecha:
10 mayo, 2016
Hora:
6:00 pm
Etiquetas del Evento:
,

Local

Biblioteca Pública de Ourense
r/ Concello, 11
Ourense, Ourense 32003 España
Teléfono:
988210700