- Este evento ha pasado.
Cine: «O Raio»
16 noviembre, 2016 @ 8:30 pm - 10:00 pm
3€A Casa da Cultura do Concello de Verín acollerá o segundo ciclo da programación de Outono de Cinemas de Galicia. O mércores 16 de novembro ás 20:30 h proxectarase «O Raio», película autorizada para todos os públicos.
Esta road movie hispano portuguesa obtivo o premio a Mellor Director (Abycine, 2014), Premio Especial do Xurado (Festival De Ourense, 2014), Prix à la Résidence, Prix du Jury Jeune ( Bienal de Cine Español de Annecy –Francia 2014-), Mellor Película, Mellor Director, Premio Especial da Crítica (Festival de Alicante, 2014), Mellor Película (Festival Primavera do Cine de Vigo, 2014) e Mellor Película (Festival de Novo Cine Andaluz de Casares, 2014): “Logo de trece anos en España, Hassan xa non atopa traballo así que decide emprender a viaxe de volta a casa. Inviste todos os seus aforros nun tractor de segunda man para gañar a vida no seu país e lévao a Marrocos conducindo.
Todas as películas que se exhiben en Cinemas de Galicia teñen un prezo de entrada de 3 euros ao estar patrocinados en parte os custos de proxección pola Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) e polos concellos que, como o de Verín, acollen esta iniciativa da Xunta de Galicia.
Cinemas de Galicia é unha rede de salas públicas para a exhibición cinematográfica impulsada pola Agadic coa finalidade de incrementar tanto o número de pantallas da Comunidade, como as opcións de distribución dos filmes galegos máis recentes.