- Este evento ha pasado.
Cine: «Phoenix»
2 mayo, 2016 @ 6:30 pm - 10:30 pm
O vindeiro luns, 2 de maio, a película «Phoenix» clausura a programación de Primavera de Cinemas de Galicia en Verín. Devandito film, premio Fipresci no Festival de San Sebastián, exhibirase ás 18:30 e ás 20:30 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura.
«Phoenix» presenta o drama dunha supervivente de Auschwitz, Nelly (Nina Hoss) que retorna a Berlín coa cara desfeita. Tras una operación de reconstrución facial, busca ao seu marido (Ronald Zehrfeld), un músico ario. Nelly quere recuperar o seu pasado, inquirir se o seu amor foi unha farsa e se o seu esposo a traizoou.