- Este evento ha pasado.
Cine: «Sayat nova» (A cor da granada)
13 junio, 2016 @ 8:30 pm
2€Dirixida por Sergei Parajanov (1968).
Biografía do trobador e poeta armenio do século XVIII Sayat Nova. En lugar de facer unha narración lineal, o director encárgase de realizar unha serie de cadros viventes que representan episodios importantes da vida do poeta en clave simbólica: a súa infancia, a súa mocidade, a súa entrada a un mosteiro, ou o seu enfrontamento co anxo da morte. Estes capítulos están desenvolvidos a partir de fragmentos das súas obras, os cales aparecen en intertítulos ou se escoitan mediante unha voz en off.
Sesións ás 20:30 e 23 h, con entrada a 2 euros para socios do Cineclube Padre Feijoo.