- Este evento ha pasado.
Cine: «Terra estrangeira»
6 julio, 2016 @ 10:30 pm
No ciclo Marxes Fílmicas- Brasil, preséntase «Terra estrangeira», de Walter Salles e Daniela Thomas, en versión orixinal subtitulada ao Español.
Brasil, marzo de 1990. O plan económico do goberno brasileiro de Collor empuxa ao país ao caos. A vida de Paco, un mozo estudante paulista,
esborrállase coa morte da súa nai e acaba co seu soño de ser actor. Paco decide abandonar o seu país e marcharse a España, a terra da súa nai,
aceptando levar antes a Lisboa un obxecto de contrabando. Alí coñece a Álex, o amor e o perigo de morrer… O filme é unha reflexión sobre a
perda da identidade no exilio. A banda sonora e a excelente fotografía en branco e negro contribúen ao clima negro que percorre o filme.
Entrada de balde.