Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Concerto: Marisa Valle Roso

15 julio, 2016 @ 9:00 pm - 10:00 pm

O venres, 15 de xullo, ás 21 horas, a Praza da Mercé de Verín acollerá o concerto de Marisa Valle Roso “Suena la mina”.

Marisa estremécenos con cancións que marcaron a historia da minería. A inconfundible e versátil voz asturiana premiada durante anos na cantiga, ofrece un espectáculo sobrecolledor no que será arroupada por unha instrumentación que non deixará a ninguén indiferente.

Traxectoria

Marisa Valle Roso naceu o 22 de decembro de 1987 en Asturias. Empeza a recibir clases de cantiga no ano 2.000 da man de Alfredo Canga, unha das voces máis reputadas do século XX neste xénero musical. Con tal só 16 anos gaña os principais concursos de cantiga no apartado xuvenil, unha vez alcanzada a maioría de idade Marisa empeza a cultivar premios en categoría absoluta de maneira imparable.

No ano 2009 grava “Un pasu máis” xunto co seu irmán, un disco no que fusionan a cantiga co jazz. No ano 2011 grava en solitario “De lo fondero lalma” , un traballo no que Marisa deixa reflectidas as principais cancións de cantiga coas que concursa, con este disco recibe o premio da crítica RTPA (Radio Televisión do principado de Asturias) como mellor disco de canción asturiana do ano. Durante 2012 leva a cabo a xira rexional “De lo fondero lalma” acompañada dos músicos Rodrigo Sturm, Xaime Arias e Pablo Carreira.

Nesta primeira etapa musical, Marisa foi recoñecida desde o ano 2006 ata 2014 co premio “Meyor cantadora” do ano no “Memorial Silvino Argüelles” e no ano 2009 o premio AMAS no apartado de mellor voz.

Detalles

Fecha:
15 julio, 2016
Hora:
9:00 pm - 10:00 pm
Categoría del Evento:
Etiquetas del Evento:
,

Local

Praza da Mercé
Praza da Mercé
Verín, Ourense España