- Este evento ha pasado.
Conferencia: «A Fronteira, a raia»
7 noviembre, 2016 @ 8:15 pm - 9:15 pm
Manuel Mandianes inaugura o martes o ciclo de conferencias culturais e audiovisuais do FIC de Verín disertando sobre “A Fronteira, a raia”. O martes 8 de novembro, ás 20:15 horas, o doutor Manuel Mandianes, antropólogo do CSIC, autor e colaborador de multitude de artigos e libros referentes á cultura arraiana, disertará na conferencia “A Fronteira, a raia” sobre o sinal antropolóxica que “a raia” deixou na xente a un lado e ao outro da mesma, tocando temas como o contrabando e a transferencia da cultura popular.
Con esta conferencia, o Festival Internacional de Curtametraxes de Verín -VÍA XIV- inicia oficialmente a súa axenda de eventos cun completo ciclo de conferencias culturais e audiovisuais, que terá lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín durante os días 8, 15, 23 e 30 de novembro, enfocado a realizar un primeiro acercamento ás temáticas oficiais do festival -Emigración, Fronteiras e Entroido- e a propia Vía XIV, como elemento vertebrador das mesmas.