- Este evento ha pasado.
Conferencia: “As multinacionais contra as persoas”
30 marzo, 2016 @ 8:00 pm - 9:30 pm
A Plataforma Ourensá Non ao TTIP convida o mércores 30 de marzo, no Centro Cultural Marcos Valcárcel ás 20:30 h, a unha xornada informativa co profesor Carlos Taibo, co titulo provocador de: “As multinacionais contra as persoas”
Nela esperan dar resposta a aquelas preguntas que todos nos fixemos pero non tiñamos a quen preguntar. O profesor Taibo vén de publicar o libro “Para entender el TTIP. Una visión critica del Acuerdo Trasatlántico de Comercio e Inversiones”.
Esta xornada é unha das moitas accions que dende a Plataforma están a desenvolver durante estes meses, para pór un pouco de luz onde so hai sombras e intentar comprender as implicacions nas nosas vidas do TTIP que, como di o profesor Taibo, é “unha xogada mestra o servizo dos intereses das transnacionais”