- Este evento ha pasado.
Conferencia de Comba Campoy
23 abril, 2016 @ 7:30 pm - 8:30 pm
O Museo Etnográfico da Limia acolle, o próximo sábado 23 de abril, ás 19:30 horas, a conferencia da investigadora, xornalista e actriz compostelá Comba Campoy, «Barriga Verde. Un heroe contra o poder».
A comunicación de Campoy tratará de deixar luz sobre o teatro de monicreques de José Silvent Martínez «Barriga Verde», como modo de expresión dunha certa disidencia nun escenario coma o do Franquismo. Unha nova ollada sobre as feiras tradicionais da man do espectáculo de marionetas.
O acto enmárcase na programación do Museo da Limia, do que se cumpren 20 anos este próximo mes de maio, na súa actual localización na antiga Casa Reitoral de Vilar de Santos.