Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Conferencia: «Educar a través das emocións»

4 noviembre, 2016 @ 7:30 pm - 8:30 pm

O vindeiro venres 4 de novembro, ás 19:30h. a Biblioteca do Concello de Verín acolle a conferencia «Educar a través das Emocións» de María Teresa Santamaría Hervella (directora do CRA de Monterrei) e Ángela Quintana Rguez. (mestre do CRA de Monterrei).

Esta actividade que combina unha conferencia, unha sesión de contacontos e manualidades,  ten por público obxectivo a pais e tamén a docentes. Tamén ten coma obxectivo final que os pais veñan cos seus nenos ás instalacións municipais e coñezan a nova sección da Biblioteca de Verín «Emocións e sentimentos» dedicada aos máis cativos e a outra nova sección: «Axuda aos pais», e en definitiva que coñezan todos os servizos que a nosa instalación lles pode ofertar.

Deste xeito, mentres os pais/nais e docentes escoiten a conferencia os/as máis cativos/as estarán escoitando contos da sección infantil «contos de emocións e sentimentos» que estrea a Biblioteca Municipal e facendo unha manualidade moi novedosa coma é facer colgantes debuxados por eles con plástico que encolle.

A conferencia será de libre acceso, ata cubrir o aforo, pero para acudir cos fillos estes deben ser anotados cun límite de 15 socios de 3 a 9 anos, da Biblioteca de Verín. Os nenos deben de acudir con pais ou nais, única e exclusivamente, porque son eles quen son os educadores. Este é un requisito primordial.

 

Detalles

Fecha:
4 noviembre, 2016
Hora:
7:30 pm - 8:30 pm
Categoría del Evento:
Etiquetas del Evento:
, ,

Local

Biblioteca Pública de Verín
Av. de Portugal, 11
Verín, Ourense 32600 España
Teléfono:
988 41 36 24