- Este evento ha pasado.
Conferencia: “Ser muller en México”
24 agosto, 2016 @ 8:15 pm - 9:15 pm
O vindeiro mércores 24 de agosto, ás 20.15 horas, Lorena Mosqueda Juárez , psicóloga experta en xénero, imparte a conferencia “Ser muller en México” no Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín.
Mosqueda está unida a Galicia e quere amosar nesta visita a Verín a través dunha charla veraniega e refrescante a realidade da muller mexicana, que a pesares das loitas polo respecto aos seus dereitos cívicos, políticos, laborais e humanos, a muller mexicana do século XXI sigue en desventaxa. Coñezamos da man dunha muller involucrada a realidade das mulleres alén do Atlántico, compartamos e solidaricémonos coas mulleres do mundo.
Lorena Mosqueda é psicóloga e profesora de Universidade en Irapauto, México. Leva moitos anos traballando na educación e orientación, especializándose na perspectiva de xénero e na violencia que sofren as mulleres.
Devandita conferencia, de carácter gratuíto, esta organizada por Lorena Mosqueda coa colaboración do Concello de Verín.