Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Conferencia: «Soberanía alimentaria: a ameaza do TTIP para Galiza»

8 abril, 2016 @ 8:00 pm - 9:00 pm

Están tendo  lugar en Ourense as VII Xornadas de Agroecoloxía, organizadas polos colectivos A Galleira, Amigos da Terra, Cineclub Padre Feijoo, Semente, Silvardeiras, Sustinea e Xurumelxs.

Este venres 8 de abril, ás 20:00h, terá lugar no local da asociación cultural A Galleira, sito na rúa Hernán Cortés, nº59; unha palestra informativa conducida por Manuel Dacal, da Federación Rural Galega, que achegará as negativas implicacións que a sinatura do Tratado Internacional de Libre Comercio que a Unión Europea está a negociar cos EUA (TTIP), podería ter con respecto á soberanía alimentaria de Galiza.

Tamén haberá espazo e tempo para, despois da palestra  e a partir das 22:00h participar nunha foliada amenizada polo grupo «Os Mamuxos».

Detalles

Fecha:
8 abril, 2016
Hora:
8:00 pm - 9:00 pm
Etiquetas del Evento:
, ,

Local

Asociación Cultural A Galleira
rúa Hernán Cortés, nº59
OUrense, España