- Este evento ha pasado.
Documental: “Metamorphosis”
16 enero, 2017 @ 8:00 pm - 10:00 pm
O Espazo en Común das Burgas inicia mañá un ciclo audiovisual no que pretende convidar á reflexión sobre a revolución municipalista de 2015.
“Metamorphosis” proxectarase mañá martes 17 de xaneiro ás 20h no Espazo en Común das Burgas, con entrada de balde para todas aquelas persoas que desexen asistir.
Este martes, proxectarase por vez primeira en Ourense o documental “Metamorphosis” (Manuel Pérez Cáceres, 2016), que narra a historia de éxito de Barcelona En Comú e analiza a incorporación dos movementos sociais e veciñais ao ámbito institucional.
A través dos ollos de Laia Forné, o traballo retrata o cambio irreversible no xeito de facer política, máis cotiá, humana e impulsada desde colectivos cidadáns, reflexionando sobre as dificultades e retos que a xente da rúa debe afrontar para chegar ás institucións, e recollendo a evolución do empoderamento da cidadanía, que culminou nunha vitoria histórica o 24 de maio de 2015.
Ourense en Común participou como mecenas deste traballo, colaborando na campaña de crowdfunding que a produtora lanzou na plataforma Verkami o pasado ano, para contribuír a financiar a distribución do documental, proxectado xa con grande éxito en algunas das citas cinematográficas máis consolidadas do país, como o Festival de Málaga ou o Docs Barcelona.