- Este evento ha pasado.
Espectáculo «Terras de Queimada»
24 junio, 2016 @ 12:30 am - 1:30 am
O espectáculo «Terras de Queimada», de Queiman e Pousa, celebrarase á noite de San Xoán (xoves 23 a venres 24), ás 0:30 horas, na praza García Barbón de Verín. Tras o espectáculo, o Concello de Verín queimará a tradicional fogueira de San Xoán na Praza da Alameda. A xornada contará tamén coa animación musical de Zona de Baile A Gramola.
Na presentación deste evento, a concelleira Emilia Somoza quixo destacar a súa importancia como o punto de partida da recuperación da tradicional noite de San Xoán na vila. “Desde o Concello de Verín queremos conseguir que, do mesmo xeito que noutras moitas zonas de Galicia, a noite de San Xoán sexa unha noite máxica para todos os verineses. Somoza salientou “a importancia dos tres protagonistas do noso evento, o Bruxo Queiman, Andrea Pousa e o Padre Fontes, como grandes portadores da Cultura Atlántica”.
Pola súa banda, Andrea Pousa explicou que en «Terras de Queimada» represéntase o Solsticio de Verán a traves dun espectáculo dinámico, ameno, visual, interactivo, pleno de sentimento e enerxía e o Bruxo Queiman quixo facer especial fincapé na importancia que ten rescatar a esencia e sabedoría dunhas culturas esquecidas e ocultas no tempo, o seu contacto coa natureza, os seus símbolos sacros, as súas lendas e tradicións.
Por último, o Padre Fontes lembrou que “Portugal e Galicia estamos irmandados por unha mesma cultura luso-galaica e como tal debemos promovela, divulgala e introducila nos rituais, celebrados en ambos os lados da Raia”.
Na actuación «Terra de Queimada» os actores interactúan co público facéndoo partícipe do espectáculo. Nesta ocasión, o invitado especial será o Padre Fontes que actuará como mestre de cerimonias do espectáculo.
Ao finalizar o espectáculo o Bruxo Queiman, Andrea Pousa e o Padre Fontes farán un irmandamento luso-galaico dos pobos de Chaves, Verín e Montalegre.
Despois, o Concello de Verín queimará a tradicional fogueira de San Xoán na Praza da Alameda. Co obxecto de realizar unha queima controlada e manter unha tradición veciñal, a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil está a traballar na preparación do espazo onde se producirá a queima.
O Concello de Verín convida a todos os verineses a participar nesta festa vinculada á maxia e a tradición luso-galaica. A xornada contará tamén coa animación musical de Zona de Baile A Gramola.