Cine con música: «Amencer»

Este venres 8, na Fundación Vicente Risco de Allariz, cine con música en directo a cargo de Caspervek Trio. Desta volta "Amencer" de Murnau. Reserva ao tua entrada en secrataria@fundacionvicenterisco.com. Aforo limitado, 50 prazas. Entradas soltas 12 euros ou 7 euros para os mecenas da Fundación Vicente Risco, Amigos Libraría Aira das Letras e socios […]

I Exhibición de Cans de traballo e obediencia

Hípica de Allariz Urbanización Estrada Celanova, Allariz, Ourense

O Concello de Allariz e a Asociación Espazo Canino, colectivo que traballa na socialización e adestramento canino en Allariz, organizan a “I Exhibición de Cans de Traballo e Obediencia” que terá lugar o vindeiro domingo, 10 de abril. A partir das 12:00h, o Cámping Hípica acollerá varias exhibicións caninas abertas a toda a poboación.  Espazo […]

Concerto: Banda Unión Musical de Allariz

Praza Maior de Allariz

A Banda Unión Musical de Allariz realizará este domingo 10 de abril un concerto temático no que se presentará o coro e partitura "Allariz". A cita é ás 12.30 h na praza Maior alaricana.

Maxia: Fran Rei

Fogar dos Maiores Campo da Barreira, 3 , Allariz, Ourense

Dentro do programa "Terra Máxica", o mago Fran Rei contará este xoves 14 de abril no Fogar dos Maiores,  de Allariz a historia de Brancaflor. A partir das 17:00h.

Maxia: Dani García

Casa da Cultura de Allariz Castelo s/n, Allariz, Ourense

O domingo 17 de abril, no ciclco "Terra Máxica", Dani García presenta o espectáculo "Volta á maxia" ás 18:00h na Casa da Cultura de Allariz.