- Este evento ha pasado.
Exposición de Fran Lareo
13 julio, 2016 - 15 agosto, 2016
O escultor Fran Lareo (Brión-A Coruña), inaugurou no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense, unha exposición onde pon de manifesto a súa desbordante imaxinación, que se transforma en esculturas policromadas de pequeno formato que “nacen nalgún lugar da súa memoria”.
O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, reiterou o apoio da institución provincial aos novos creadores e fixo especial fincapé na orixinalidade e innovación dos traballos de Lareo.
O artista trae unha colección de 25 pezas onde están representados os seus últimos traballos, todos eles elaborados con diversos minerais policromados e que poderán visitarse ata o día 15 de agosto.
Fran Lareo, artista autodidacta, empezou traballando a pedra, logo pasouse á madeira pero acabou creando o seu propio material, que elabora el mesmo no seu estudio-taller (e que solo el coñece e a ninguén explica). “O seu é darlle materia, formas e cores a seres que habitan non se sabe onde, aínda que haxa xente que empece a sospeitalo. Quizais na alma dun artista que pisa sobre un chan xeométrico de imposibles escaleiras” di sobre a súa obra o escritor Alfredo Conde, Premio Nacional de Literatura.