- Este evento ha pasado.
Exposición: «Dinosancias. El aburrimiento o el derecho a no hacer»
10 octubre, 2016 - 31 octubre, 2016
O Ateneo de Ourense acolle ata final de mes a exposición de Luis Vecino e Ángel Soldevilla «Disonancias. El aburrimiento o el derecho a no hacer».
Dous ourensáns que unen a súa creatividade e móstrana no Ateneo de Ourense. Ángel Soldevilla empezou no mundo da creación literaria publicando o seu primeiro poemario en 2011, titulado “ Surcando el vacío” e fai a súa primeria exposición conxunta “Diálogos” no Centro Cultural Marcos Valcárcel con Luis Vecino. E Luis Vecino, un artista que acadou premios dende os seus primerios anos de xuventude; que fixo numerosas exposicións con gran éxito tanto en Ourense como noutras cidades de Galicia e en Madrid. É artista ecléctico que non descoidou a figuración, pero é no expresionismo abstracto onde se sente máis cómodo. A cor é unha das súas tarxetas de identidade e nas súas obras é posible comprobar, por exemplo, cantos azuis poden nacer dun mesmo pigmento azul.