Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Exposición: «José María Cao Luaces, un galego patriarca da caricatura arxentina

12 julio, 2016 - 8 agosto, 2016

A través das súas ilustracións nas páxinas do diario Don Quijote, primeiro, e Caras y caretas, despois, foi un dos grandes nomes do xornalismo arxentino e influíu, atravesando o Atlántico, en nomes tan capitais para a cultura galega coma o de Castelao. Quen fai esta afirmación non é outro que Siro López, artista de banda deseñada en prensa e comisario da exposición «José María Cao Luaces, un galego patriarca da caricatura arxentina», que se poderá ver na sala Valente de Ourense até o 8 de agosto da man do Clube de Prensa de Ferrol e da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

“A exposición reúne 40 caricaturas que poñen de manifesto as distintas etapas polas que pasou o seu creador”, dicía o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, na presentación. “Obras que permiten admirar o talento e a habilidade dun debuxante excepcional que se erixiu como un dos grandes creadores desta forma de arte no seu tempo”. Pero a influencia de Cao Luaces é tan potente que chega a figuras tan dispares como Castelao ou Quino, motivo polo que desde a Secretaría Xeral de Cultura “existe este interese por divulgar a figura dun galego que foi tan importante no seu tempo e que chegará até a súa localidade natal”, dicía o seu titular, Anxo Lorenzo, na presentación.

A obra de José María Cao pode visitarse na sala Valente de martes a sábado en horario de 11:00 a 13.30 horas e de 18:30 a 21:30 horas,  e os domingos só en horario de mañá.

Detalles

Comienza:
12 julio, 2016
Finaliza:
8 agosto, 2016
Etiquetas del Evento:
,

Local

Centro Cultural Ángel Valente
Paseo, 20
Ourene, Ourense España