- Este evento ha pasado.
Exposición no Museo da Limia
28 octubre, 2016 - 31 diciembre, 2016
O Museo Etnográfico da Limia, situado en Vilar de Santos, seguindo co seu proxecto de participación e colaboración veciñal, vén de abrir ao público unha nova exposición, con aportacións de xente da Limia.
Trátase dunha colección particular de monecas, cuxos titulares dos elementos expositivos son Sara Dacal e Pachi Fontarigo.
Os interesados poderán ver a dita exposición dende xa, ata o mes de decembro do ano en curso.
Horarios de visita: sábados e domingos de 11.00 h a 13.30 h e de 15.30 h a 18.00 h.