Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Exposición OF: Colección fotográfica de nu masculino

17 noviembre, 2016 - 4 diciembre, 2016

Alexis W. é un artista que traballa baixo a etiqueta do que se coñece como arte de xénero. Leva toda unha vida dedicada a investigar os límites do xénero, da identidade, da sexualidade, e de todos eses conceptos que non son máis que un constructo social e que el deconstrúe con cada serie.

O artista xa foi un convidado estrela na Sección Oficial da 32 edición do Outono Fotográfico, na que pola temática (Identidade/Alteridade) non podiamos pasar o seu traballo por alto. Volve nesta ocasión ao festival cun traballo que sen ser da súa autoría define a súa traxectoria na arte contemporánea. Alexis alén de ser artista
é coleccionador de arte, e unha colección destacábel do seu haber é a que nos apresenta no Museo Municipal. Leva coleccionando fotografía de nu masculino desde incluso antes de ser artista. Isto deu unha prolífica compilación na que hai desde fotogravados, diapositivas, postais, negativos de vidro… auténticas xoias que en moitos casos son pezas únicas de autoría descoñecida que posta en conxunto reflexiona sobre a historia da representación do corpo.

Detalles

Comienza:
17 noviembre, 2016
Finaliza:
4 diciembre, 2016
Categoría del Evento:
Etiquetas del Evento:
,

Local

Museo Municipal de Ourense
Rúa Lepanto, nº 8
Ourense, Ourense 32005 España
Teléfono:
988 248 970
Ver la web Local