- Este evento ha pasado.
Exposición OF: «Memory lab of happiness»
17 noviembre, 2016 - 4 diciembre, 2016
Outono Fotográfico na súa Sección Oficial, como xa é costume, alén de procurar artistas que traballen co tema de cada edición, tamén pon en valor propostas curatoriais convidando a curadoras/es especializadas en fotografía contemporánea e con ampla e recoñecida traxectoria avalada por outros festivais internacionais ou espazos expositivos especializados na fotografía.
Neste caso, Ângela Ferreira, directora artística do festival internacional Encontros da Imagem, curadora independente
e artista visual, trae para o Museo Municipal a convite do festival galego unha colectiva conformada por 17 ensaios de varios artistas que participaron na open call do
festival luso. A mostra pretende dar múltiples visións sobre a felicidade desde DENTRO e desde FÓRA, desde o íntimo e desde o universal. Respondendo deste xeito ao desafío feito pola súa curadora de pensar dunha maneira crítica sobre o lugar da Memoria e a Felicidade na actualidade.
Chega deste xeito ao 34º Outono Fotográfico un plantel de artistas que malia ser consideradas «emerxentes» teñen xa un longo percorrido por innumerábeis festivais de todo o mundo ademais de contar cunha morea de exposicións e até publicacións. Reafirmamos deste xeito a vontade de apoiar a artistas revelación a través dunha chamada pública xerando oportunidades de exposición e proxección.
Artistas que veñen sumar xunto coas outras 91 exposicións desta edición unha aposta firme pola fotografía contemporánea nun sólido proxecto como é este festival que tanto ten aportado á fotografía e á arte no noso país.