- Este evento ha pasado.
Exposición: Rodeira monocolor»
1 julio, 2016 - 31 julio, 2016
O Ateneo presenta a exposición «Rodeira monocolor», de fotografías de J.L. Diz, que se poderá ver durante todo o mes de xullo.
Rodeira en b/n, ou monocolor, é unha apreciación persoal deste fotografo que a retratou, xa que a praia de Rodeira, en Cangas do Morrazo, en realidade ten cor.
As cores de identidade de Rodeira son basicamente azul e amarelo: azul por o mar que ten ó fronte e parcialmente a cobre todos os días, e amarelo das súas finas areas que bisbisean ó paso da ondas que morren nas beiras.
A alteridade póñena as diferentes xentes que alí se concentran día a día durante o verán, cos seus tecidos multicolores, sombrillas publicitarias, etc. e ten que ser de novo o remate da temporada a que lle restitúa a súa orixinaria identidade de cores.