Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Exposición «Tempo de luz»

23 junio, 2016 - 31 julio, 2016

Cos días de verán chega ao Museo Municipal de Ourense (rúa Lepanto) a exposición «Tempo de Luz», do artista vigués Antonio Abad, unha escolla de 24 obras realizadas coa técnica do pastel representativas das paisaxes galegas -ríos, fervenzas, árbores- pero tamén da visión intimista do seu autor. A mostra estará na sala de lectura do Museo, no terceiro andar, até o 31 de agosto.

“Por este punto do Museo pasan mensualmente moitos nenos”, dixo a concelleira de Cultura, Belén Iglesias, durante a presentación, “un aliciente máis para espallar a cultura a toda a cidadanía”. Foi precisamente ese carácter divulgativo da mostra o que agradeceu o autor vigués, que xa pasara pola Galería Visol de Ourense noutras ocasións. “O pastel estivo moi en auxe en Europa durante os séculos XVIII e XIX, pero despois pasámonos ao figurativo e ao realista”, dixo. Porén, desde os anos vinte do pasado século foron os franceses os que retomaron esta técnica, e hoxe en día estanse a facer “bienales de moito interese en España”, puntualizaba Antonio Abad.

As paisaxes galegas o que máis traballa Antonio Abad: “quero sempre levar Galicia polo mundo adiante”. Non en van, xa nos últimos anos expuxo en Tailandia, San Petersburgo e en diversos lugares de Francia. Porén, tamén ten un lugar para a intimidade, ben en forma do corpo da muller ou en forma de bodegóns. Entre as 24 obras que compoñen Tempo de Luz podemos ver, tamén, seis pequenas abstraccións de formas naturais.

 

Detalles

Comienza:
23 junio, 2016
Finaliza:
31 julio, 2016
Categoría del Evento:
Etiquetas del Evento:
, ,

Local

Museo Municipal de Ourense
Rúa Lepanto, nº 8
Ourense, Ourense 32005 España
Teléfono:
988 248 970
Ver la web Local