Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Exposición “Verín, o ferrocarril soñado”

26 julio, 2016 @ 8:00 am - 5:00 pm

Ata finais de setembro, o  Auditorio Municipal de Verín acollerá a exposición ”Verín, o ferrocarril soñado” de Alberte Blanco Casal. Sobre os soños de homes adiantados ao seu tempo, como André, Eduardo Chao ou Gallego Bazal vai esta exposición, baseada no traballo de investigación “O conflito de intereses no camiño de ferro de Zamora a Ourense”, editado pola Deputación de Ourense en 2015, e do que é autor o profesor Alberte Blanco Casal.

A exposición está organizada en catro seccións que, a través de 40 láminas e murais, ilustran a evolución dos diferentes proxectos de camiños de ferro no sur de Ourense dende mediados do século XIX ata os nosos días:

Sección 1. Os primeiros plans de camiños de ferro no Estado Español
Sección 2. Proxecto de Benigno Gallego Bazal e Fernando Govantes
Sección 3. A variante de Eloi Luís André e as súas modificacións
Sección 4. A variante do AVE proxectada por Fernando Nebot

A finais dos anos vinte do pasado século decidiuse o trazado definitivo do ferrocarril de Zamora a Ourense. Iso ocorreu despois dunha forte campaña popular no sur de Galicia onde  se demandaba o trazado desta  importante infraestrutura polas comarcas de Monterrei, A Limia, Allariz e Celanova, seguindo polo ribeira do Arnoia en dirección a Vigo. Afronte desta iniciativa estaba o profesor e erudito verinés Eloi Luís André. A decisión, como sabemos, foi contraria. ao que esixían a maioría dos concellos ourensáns. Daquela loita cívica e de certos acontecementos aínda quedan algúns ecos e non poucas lembranzas que dan pé para xulgar criticamente aqueles acontecementos. Mais, a iniciativa de André non foi a única. Moito antes, en 1852, Eduardo Chao xa intentara un camiño de ferro polo sur de Galicia que  tampouco puido ser. En 19ll Benigno Gallego Bazal coetáneo e paisano de André, liderou  unha iniciativa empresarial para a construción dun ferrocarrll de vía estreita que  seguiu o mesmo destino.

O Auditorio estará aberto de luns a venres, de 10:00 h a 13:00 h; e de 16:00 h a 20:00 h.

Detalles

Fecha:
26 julio, 2016
Hora:
8:00 am - 5:00 pm
Categoría del Evento:
Etiquetas del Evento:
, ,

Local

Auditorio Municipal de Verín
Camiño a Balneario de Sousas
Verín, Ourense 32600 España
+ Google Map