Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Exposición:»Un camiño cheo de vida»

12 mayo, 2016 - 19 junio, 2016

A Deputación de Ourense rende homenaxe ás diferentes escolas que dependen da institución cunha exposición no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” e que titula «Un camiño cheo de vida», en alusión á lonxevidade dalgún dos seus centros e á vitalidade dos mesmos.

Esta mostra, que se poderá visitar ata o día 19 de xuño, foi inaugurada polo vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; e o deputado provincial de Cultura, Manuel Doval, que estiveron acompañados dos directores dos diferentes centros formativos.

O vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández,  puxo de manifesto “o esforzo da institución con estes centros formativos e o compromiso coa tradición, cos valores esenciais da nosa cultura e do noso patrimonio”.

Desta maneira, a Escola de Gaitas, que engloba iconos como a Real Banda de Gaitas ou o Museo da Cornamusa, presenta na mostra algunha das pezas máis orixinais do seu patrimonio, xunto con gran número de publicacións (tanto de investigación –Anuario da Gaita- como de difusión con discos da agrupación musical). Tamén aparecen referencias á Xuntanza Internacional de Gaiteiros, que organiza anualmente.

As publicacións de investigación tamén están presentes no Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo “Xocas”, desde onde se coordina a edición da revista “Raigame” de cultura popular. A propia romaría Raigame -que se celebra o vindeiro 17 de maio en Vilanova dos Infantes- os cursos de teares, o museo do traxe ou os xogos tradicionais, son outros dos elementos vencellados á que era antes coñecida popularmente como Escola de Danza e onde naceu o grupo Castro Floxo.

 

Detalles

Comienza:
12 mayo, 2016
Finaliza:
19 junio, 2016
Categoría del Evento:
Etiquetas del Evento:
,

Local

Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación
r/ Progreso, 30
Ourense, Ourense 32003 España
Teléfono:
988 317 895
Ver la web Local