Presentación de libro: «Transición»

Fundación Vicente Risco r/San Lorenzo, 3, Allariz, Ourense, España

O venres 30 de setembro ás 20:30 horas haberá a presentación na sede da Fundación Vicente Risco en Allariz da obra "Transición", de Pablo Fernández Barba. Obra gañadora da XVI edición do Premio Risco de Creación Literaria, patrocinado polo Concello de Ourense. Con esta obra principia o selo editorial Alveiros, unha colaboracion entre a Fundación […]

V Certame de Música Popular Galega

Teatro Principal de Ourense Rúa da Paz, 9, Ourense , Ourense, España

Por quinto ano consecutivo a Federación de AA.VV de Ourense Limiar organiza o V Certame de Música Popular Galega, para fomentar e potenciar as agrupacións das Asociación de Veciños de Ourense. En dita actividade contan coa colaboración da Concellería de Participación Cidadá e do Teatro Principal de Ourense. O acto terá lugar este xoves ás […]

Teatro: «O secuestro da bibliotecaria»

Casa da Cultura de Barbadás Rúa San Bernabé 37 , A Valenzá - Barbadás, Ourense, España

Sarabela Teatro presenta “O secuestro da bibliotecaria” o 1 de outubro na Casa da Cultura da Valenzá, con dirección e dramaturxia de Fina Calleja baseada no conto de Margaret Mahy. A obra está dirixida a público a partir de 6 anos. A entrada é gratuíta, previa recollida da invitación na Casa da Cultura e ata […]

Teatro: «Cervantina»

Teatro Principal de Ourense Rúa da Paz, 9, Ourense , Ourense, España

Cervantina é unha nova aproximación de Ron Lalá ao universo creativo do maior autor das nosas letras. Textos diversos, versos, versións e diversións ao redor dun dos xenios indiscutibles da literatura universal. Unha festa de pezas breves que reúne sobre o escenario as adaptacións “ronlaleras” dalgunhas novelas exemplares e entremeses, ademais de fragmentos de pezas […]

12€ – 20€

Teatro: «O Día do Pai»

Auditorio Municipal Ilduara r/Cercado s/n, Celanova, Ourense, España

A compañía de teatro Malasombra presenta en Celanova a súa obra "O Día do Pai" o sábado 1 de outubro ás 21 horas no Auditorio Municipal Ilduara. Comedia dirixida a maiores de 16 anos. Sinopse Tres homes de aspecto e condición social moi distintos, foron citados nunha clínica de reproducción asistida. Descoñecen o motivo, pero […]

Tangaranho Rock

Zona do río da Valenzá A Valenzá, Barbadás, Ourense, España

A Asociación O Tangaranho promove este sábado na Valenzá o Festival Tangaranho Rock, que conta coa colaboración da Concellaría de Turismo e Promoción Económica de Barbadás e a Deputación de Ourense. O evento terá lugar o día 1 de outubro, na zona do río da Valenzá, (onde se celebran as festas patronais) desde as 21 […]

Infantil: «A frauta máxica no maxín»

Auditorio Municipal de Ourense Rúa da Canle, nº 2, Ourense, Ourense, España

Introdúcese ao espectador no intre en que Mozart está a soñar e crear a música que, para o libreto dunha ópera lle trae o empresario teatral Emanuel Schikaneder, a modo de teatro represéntanse diferentes escenas con mímica e música con instrumentos interpretada polo quinteto Zoar e explicadas en clave de humor polo actor- narrador que […]

5€

Cine: «As 1001 Noites Volume 2, O desolado»

Biblioteca Pública de Ourense r/ Concello, 11, Ourense, Ourense, España

Dentro da sección Luns de Filmoteca do Cineclube Padre Feijoo e en colaboración co CGAI-Filmoteca de Galicia, o vindeiro luns 3 de outubro proxéctase ás  20:30 e 23 horas, en VOScastelán, "As 1001 Noites Volume 2, O desolado" de Miguel Gomes. Nun país europeo en crise, Portugal, un director proponse construír ficcións a partir da […]

2€

Presentación de libro: «O amor nos escuros días de Birkenau»

Liceo de Ourense Rúa Lamas Carvajal, 5, Ourense, Ourense, España

O martes 4 de outubro o Liceo de Ourense acolle a presentación da nova novela do escritor Alberto Canal, "O amor nos escuros días de Birkenau", editado por Xerais. É o amor a mellor arma para loitar contra a barbarie da sinrazón humana? Pode alguén confiar na bondade dese sentimento nun lugar onde hai que […]

Cine: «Agora si, antes non»

Biblioteca Pública de Ourense r/ Concello, 11, Ourense, Ourense, España

Dentro do ciclo Tránsito Asia do Cineclube Padre Feijoo, este mércores 5 de outubro se proxecta "Agora si, antes non" do coreano Hong Sang-Soo. Sesións ás 18, 20.30 e 23 horas con entrada a 4 euros para asociados e 5 euros para público en xeral. Sinopse Un director de cine independente sae a cear e […]

4€ – 5€