Campus Ourense Rugby – Durango
Campus Ourense Campus As Lagoas, s/n, OurenseO Campus Ourense Rugby buscará a segunda vitoria da tempada diante do Durango. O partido da cuarta xornada disputarase o sábado 8 de outubro no Campus de Ourense dende as 14 horas.
9º FITO: «Circo mediterráneo»
Parque Barbaña Parque Barbaña, OurenseA compañía andaluza Rolabola presenta "Circo mediterráneo" dentro da programación do 9º Festival Internacional de Teatro de Ourense. Será o 8 de outubro ás 19 horas no Parque Barbaña. Sinopse O Circo mediterráneo é un espectáculo, en formato cabaré, que recolle o mellor da tradición circense incorporando as características artísticas propias do circo contemporáneo. O […]
9º FITO: «Petrushka-Extended»
Teatro Principal de Ourense Rúa da Paz, 9, Ourense , Ourense, EspañaA compañía danesa Granhøj Dans presenta "Petrushka-Extended" dentro da programación do 9º Festival Internacional de Teatro de Ourense. Será o sábado 8 de outubro ás 20:30 horas no Teatro Principal. Sinopse En Petrushka-Extended, Palle Granhøj explora unha vez máis o interior da linguaxe da danza. Por segunda vez Granhøj fai fincapé na fusión entre a […]
Cine: «Natureza Morta»
Museo Etnolóxico de Ribadavia rúa de Santiago, 10, Ribadavia, Ourense, EspañaNo ciclo de cine de outono cas miradas etnográficas 4 do Museo Etnolóxico de Ribadavia, este sábado 8 de outubro proxéctase a película "Natureza morta", de Jia Zhang Ke. Será ás 20:30 horas con entrada de balde. Sinopse Trala construción da presa das Tres Gargantas (China) , a aldea de Fengjie foi inundada e os […]
Infantil: «Carapuchiña no faiado»
Auditorio Municipal de Ourense Rúa da Canle, nº 2, Ourense, Ourense, EspañaFlora é unha actriz que sobe ao faiado para facer unha limpeza xeral...en cada recuncho agárdanlle moitas sorpresas. Cando no vello baúl atopa a Carapuchiña Vermella comeza o xogo... TEATRO 12h Sala Principal + 3 anos 45m Entradas: www.ataquilla.com, no teléfono 902 504 500, na Sede de Afundación (Praza Maior, 4) e na billeteira do […]
Sala Ourense – Santiago Futsal B
Os Remedios Avda. Pardo de Cela, nº 2, Ourense, Ourense, EspañaO Sala Ourense recibe o domingo 9 de outubro ao Santiago Futsal B a partir das 12 horas no anexo dos Remedios. O encontro ten lugar na cuarta xornada da Terceira división.
Cidade As Burgas – Majadahonda
Os Remedios Avda. Pardo de Cela, nº 2, Ourense, Ourense, EspañaO Cidades As Burgas recibe ao Majadahonda na xornada número 5 da Primeira división de fútbol sala. O encontro disputarase na cancha central dos Remedios o domingo 9 de outubro a partir das 12 horas.
UD Ourense – Viana
O Couto C/ Dalí, Ourense, Ourense, EspañaA Unión Deportiva Ourense recibe este domingo a partir das 17:30 horas no estadio do Couto ao Viana. Os unionistas tentarán continuar coa racha de vitorias para seguir nos postos de ascenso.
Contos na Lareira
Auditorio Municipal de Ourense Rúa da Canle, nº 2, Ourense, Ourense, EspañaA tradición oral galega cobra vida neste espectáculo, creado polos produtores de Noites de retranca, da man de dous dos nosos contadores máis universais como son Cándido Pazó e Quico Cadaval.
Teatro: «Helena, xuízo a unha lurpia»
Teatro Principal de Ourense Rúa da Paz, 9, Ourense , Ourense, EspañaNese espazo no que a nosa memoria a converte en INMORTAL, atopámonos con Helena de Troia, “a bela Helena”, afilla de Zeus e Leda, a esposa de Menelao, a amante de París. Estamos no século XXI. Helena xa non é “a bela Helena”, senón unha muller con certos signos que nos falan do implacable paso […]